
Tic tac, tic tac, tic tac...fala o reloxo dende a súa mesilla e con cada son vai morrendo un segundo. Tic tac retumba na miña cabeza incansablemente unha e outra vez. Tic tac parece como se o tempo preguiceiro se tomase un descanso entre minuto e minuto e avanzara máis lentamente. Tic tac é o único que os meus ouidos alcanzar a ouvir en moitos metros e eu non quero máis tic tac. Para xa! Non segas. Quen te obriga a continuar, porque o fas, cal é a túa causa? Tic tac, tic tac, tic tac e cada vez fáiseme máis insoportable. E é entón nese intre cando decido acabar co meu sufrimento e termino por levantarme.
0 comentarios